Así que, agora, nós temos que escoller eses outros blogs amigos a quenes lles imos pasar a bola.
Vexamos. Non é doado porque hai moitos blogs que seguimos con interés e todos nos gustan.
Este recoñecemento ten as súas normas:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
A min paréceme fatal ter que escoller só dez. Lémbrame esa pregunta incómoda que se lle fai ós pequenos de que a quen queren máis. Pero seremos respectuosos coas normas e farémolo.
Hai blogs que nos gustan moitísimo, que seguimos no día a día...pero xa foron citados e non nos repetiremos. Tamén nos gustan moito:
Biblioarzúa
Homes de pedra en barcos de pau
Biblioteca da Maga Tomasa
Bibliomanía
A profa
Aguja de marear
Desde los zancos
A nosa clase de Latín
El blog de usa el coco
Recursos para nuestra clase
Só nos queda darlle as grazas, de novo á biblioteca do Ceip. Andrade por terse lembrado de nós.
GRAZAS, AMIGOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario