Así o creo. E non me parece casual que se celebre o Día da Poesía ¡o día que comeza a primavera!
Non. Non pode ser casualidade.
Coa primavera saúdoamos un novo ciclo que comeza: estamos de estrea.
O cuco é o encargado de traela, de anunciala. Así o confirma o refraneiro popular :
Canta o cuco, tempo enxuto
Cando canta o cuco, logo ven o grao ó suco
E, cando falo do cuco, ademáis de oir o seu canto (cucú-cucú...) oio o fermoso poema de Manuel María.Ledo, verde, primaveral:
O cuco, cuco, cuqueiro.
O cuco, cuco, cucón.
¡Madrugón e cantareiro!
¡Cantareiro e madrugón!
Óise pola carballeira
o vello cuco souril
ó nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril.
¡O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañás ben cediño
o cuco canta "cú-cú".
¡Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tu!
O cuco, cuco, cucón.
¡Madrugón e cantareiro!
¡Cantareiro e madrugón!
Óise pola carballeira
o vello cuco souril
ó nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril.
¡O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañás ben cediño
o cuco canta "cú-cú".
¡Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tu!
Ningún comentario:
Publicar un comentario