17.3.09

Mapa Sociolinguístico de Galicia



Os datos son claros e moi preocupantes para a supervivencia do Galego. Entresaco dous datos para areflexión:
  • en doce anos o retroceso é espectacular pasándose, por exemplo, dun 13% de falantes que só usaban o castelán a case o doble.
  • Sumando as persoas que din falar só galego ou máis galego, o retroceso é de máis de 20 puntos.
Lendo o informe con atención, parece deducirse que é urxente tomar medidas para que non se produzan máis abandonos linguísticos.

O estudo é moi completo e os datos foron tomados en 2004.
Esperamos, pois, que esas medidas necesarias sexan tomadas axiña, co fin de evitar este deterioro, xa que perder o idioma sería irreparable.

4 comentarios:

cormelana dixo...

Pois a ver se se aplica totalmente o plan de normalización lingüística, ese que para sorpresa de moitos foi aprobado xa no 2004 (botade contas e saberedes quen gobernaba) e por unanimidade, que iso si que é difícil no noso país :-)

Anónimo dixo...

Claro que é moi preocupante, Olga. Así e todo, ollo ao piollo!, non se poden comparar os datos do MSG do 94 cos de 2004. Neste só se tomaban datos dos menores de 55 anos (creo lembrar)e no anterior tomábanse de toda a poboación.

olga dixo...

Efectivamente: no ano 2004 gobernaba en Galicia o Partido Popular quen, seguramente neste novo mandato vai pór tódolos medios ó seu alcance para que este deterioro que hoxe amosan os datos, non vaia a máis e regresemos, condo menos, ás cifras daquel ano.
Que así sexa.

olga dixo...

Mario: ¿estás seguro de que non se poden comparar?
¿estarán tan deformados os datos?
Probablemente haxa algo do que dis pero a min, para apreciar o deterioro, chégame con oir ó meu redor. E vivo nunha vila pequena.