24.3.09

... e aínda non rematamos

Grazas por tanta dedicación, por tanto mimo, por tanto traballo minucioso... Grazas.
non nos fartamos de dicilo porque estamos realmente emocionadas pola resposta dos nenos e nenas e das familias.
Emociona ver como cada día van chegando máis, cada cal máis bonito, cada cal con máis detalles...
Non están todos, pero imos deixándovos algunhas imaxes para que vaiades disfrutando ós pouquiños.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Preciosos! Parabéns ás familias por tan fermoso e solidario traballo e parabéns ao colexio por saber empastar as boas ideas cos bos sentimentos

O Segrel do Penedo dixo...

Canto agarimo transmiten estes monecos... Cantas penas van sacar!!!
Bicos dende Fene.

Chus dixo...

Son verdadeiras obras de arte ao servizo dun fermoso proxecto. Estas boas noticias tamén deberían saír na prensa que tan escasa está delas.
Unha aperta dende Cangas