Lembrades que o lema era:
¿Un problema?...¡Un poema!
Ben. A lectura non puido ser máis acaída: o conto narra o que lle acontece a Carlota cando se lle presenta o tremendo problema de que non consegue durmir. E está marabillosamente contado en forma de poesía por Miro Villar e ilustrado por Enjamio.
Disfrutamos moitísimo coa lectura e, esperamos que a profe Laura e os seus alumnos e alumnas nos volvan preparar momentos tan bonitos...¡máis veces!
Dicía eu aquelo de oficialmente porque por aquí non deixan de viaxar poemas e cartolinas de cores, e nenos e nenas preguntando se hai un poema para eles/as... ¡en fin! que parece que a poesía está a valer para comunicarse e pasalo ben.
1 comentario:
Quero felicitar aos nenos/as de 2º e a súa profesora Laura porque
estou segura que o fixeron moi ben.
Aproveito para decirlles que todos/as medraron moitiiiisimo e que lles mando moitos,moitos bicos
Mari Carmen
Publicar un comentario