Pasado o antroido, xa podemos pórnos cos SACAPENAS, fermosísima iniciativa do Ceip A Rúa de Cangas do Morrazo, que a nós chegounos a través do Ceip. Quintela.
Hai un blog creado expresamente para a ocasión no que poderedes ir vendo de como avanza a iniciativa. A idea é telos feitos antes das vacacións da Semana Santa para poder envialos.
Hai uns días que incorporamos ós nosos fondos varios exemplares do libro de Anthony Browne que xa se poden usar.
Se picas sobra a imaxe do boneco poderás ver tódolos que xa están camiño de Gaza.
Ademáis, neste enlace verás un video de como se preparan para facelos ben no Segrel do Penedo
E, para saber aínda máis:
Na Wikipedia
E, agora... ADIANTE!!!!!!
3 comentarios:
Direivos algo, emocióname ver como unimos esforzos e moita ilusión para enviar amor e calor aos que tanto o están a necesitar.
Que sentan os nenos e nenas de Gaza que sempre estarán nos nosos corazóns
Moreas de bicos dende Fene!!
Ola, son a mamá de Lino e Alba, e paseino mal con isto dos bonecos porque son moooooi (pero que mooooooi, eh?) torpe, ou sexa que non quedou aló moi ben pero foi con todo o cariño, cosidiño, recheo de trapos e co seu vestidiño.
:-)
Quero agradecervos que nos achegarades esta iniciativa: os nenos e nenas son os primeiros en padecer as torpísimas maneiras que temos os adultos de non-resolver os conflitos do mundo, e todo canto se faga é pouco para sensibilizar a poboación.
Un bico
Grazas, Enma, polos azos que nos dá ver que pais e nais implicádesvos tan cariñosa e conscientemente nas iniciativas que propoñemos.
Canto ó teu agradecemento: non tes por que. É a nosa obriga como educadores/as mostrar o mundo.
Publicar un comentario