28.12.08

A Familia



Precioso álbum o que X.A. Neira Cruz ven de publicar na Editorial Galaxia. Trátase de Unha chea de familias. Porque xa sabemos que non hai un só modelo de familia, porque ningún deles ten o éxito garantido... e porque estas cousas hai que explicalas coa naturalide propia da vida.
Sen máis.

De paso, súdamos con cariño a aparición neste xa case pasado mes de decembro de BlogEditorialGalaxia. Foi o día 17: Día da Edición e aniversaro do nacemento do editor Ánxel Casal. Trátase dun espazo web da editorial no que pretende ir dando novas diariamente sobre a súa propia producción, premios literarios... Conta, asemade, cun espazo (Galería de arte) adicado ós ilustradores e outro (Opera Prima) a escritores/as noveis.

É de agradecer que aparezan estes espazos dinámicos que nos permiten seguir moi de cerca as novas relacionadas coa cultura e o libro.

1 comentario:

Ronsel dijo...

Un libro precioso que non canso de regalar. Un bico enorme, querida Olga