2.11.08

Festas en Outubro



...¡e rematou outubro!
Marchou cargado de celebracións e de días bonitos: o día da biblioteca, o Samaín (que noutros sitios lle chaman jaloguín :-)e esa nova inesperada do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil para Agustín Fernández Paz.

O cole estaba precioso cheo de cabazas, de marcapáxinas lindos, lindos... e a biblioteca coma decote: fervendo.

Dámoslle a benvida a Novembro... ¡que tamén promete!

3 comentarios:

Chispa dijo...

Encántame esa exposición de preciosas cabazas, máis todo o que nos deixades ver da Biblioteca por esa fiestriña.
Nós temos a celebración pendente para esta semana. Cousas do tempo...!

Un montón de mouchos, vampiros, meigas e cabazas, e outro montón de bicos para eses nenos e nenas tan traballadores. E outro para Olga, que algo terá que ver en todo isto. Haa, ha!
Saúdos da Biblio de Pazos.

Brais dijo...

Hola.
Canto tempo fai que non paso por hai.
Recordos a Olga,Mabel,Jose Manuel ,Carmen de reli,Monse,Loli.
(creo que non me olvido de nadie)
E felicidades a Esther por ser abuela.

Bikos a todos!

olga dijo...

Brais, ¡que alegría tan grande ver que os que formaron parte desta familia non nos esquecedes!

Ven pola bibliop cando queiras: tamén é a túa biblio.

Bicos