29.11.08

Crónica do acto II

O pasado luns tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do Ceip. Bispo Guerra Campos, a sinatura da adenda ós presupostos entre o MEC e a Consellería de Educación por parte da Sra. Ministra e a Sra. Conselleira.
Ó acto , entre outras persoas, fomos invitados os responsables de bibliotecas escolare. Dª Mercedes Cabrera, tivo unha lembranza agarimosa para os centros galegos que obtivemos o Premio Nacional de Boas Prácticas de Bibliotecas Escolares no ano 2007. Velaí unha reseña do acto en clave regueiferia.

Capítulo II

Primeiro os clubs de lectura,
importantes, necesarios...
¡que mérito en secundaria
para ós libros achegalos!

Logo as dificultades
do traballo voluntario,
...e logo aparece a queixa:
"¡precisamos máis horario"

Mercedes dice que claro,
que as horas son necesarias
para levar a bo porto
tarefa tan abnegada.

E aí faluo Dona Laura
sin que naide a presionara:
que se o recoñecemento
de labor tan necesaria,
que se o cincuenta por cento
da nosa carga horaria
que xa está no borrador
que a Consellería prepara.
Que aínda non é o momento,
que xa está consensuado,
que se chama borrador
porque non está aprobado.

Que non lles vai dare tempo
denantes da eleccións,
pero que xa está escrito
para a súa aprobación.

Loly, Benito e mais eu
mandibulas desencaixadas
ollos fora das súas cuncas
e a face líbida e pálida.

Non son esas as noticias
que do ROC ten esta tropa
pero si o di Dona Laura
non hai naide que lle tosa.

Carta na mesa está presa
benquerida Conselleira
e se falou non falara
que nós somos xente moi seria.

Se falou por asombrare
á ministra de Madrí
mais asombrou, non o dude,
ós tres que eramos de aquí.

Esperamos que vostede
cumpla a palabra dada
porque de falar prá feira
témola conta pechada.



Crónica completa:

O Segrel do Penedo: Capìtulo I

Bibliovóbeda: Capítulo III

6 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Fermosa entrada, fermosa noticia, fermosa regueifa dunha fermosa biblioteca.

Loly dixo...

Despois das crónicas lidas,
disque, seique agora falta
que logo desa "conversa"
conclusións saquemos claras.

E a miña conclusión
eu si saquei, e moi clara
a Conselleira falou...
escrito, non deixou nada.

E cando fala esta xente,
os politicos de "pró",
as palabras leva o vento
e estas o vento levou.

Máis desexo equivocarme
sacando esta conclusión
e na proxima xuntanza
celebrareino con vós!!!!!!

Beni dixo...

Na miña crónica, Olga
non che reprochaba nada,
citei aquilo do nome
porque era o que me rimaba.

Aquí de penitensias nada:
a primeira bibliotecaria
poderá cambiarme o nome
as veses que faja falta.

Beni dixo...

E para que vexas
que aquí non hai rencores,
cópioche o primeiro párrafo
e póñoo no meu blogue.

Loly dixo...

Meus benqueridos Plambeiros
vexo que amañado está
ese asuntiño co nome
problema non era tál.

E ao ser colaborativas
estas ben traidas regueifas
copio eu o tal paragrafo
non debe haber diferenzas.

Anónimo dixo...

Bueno eu dimito, coas regueifas tan fermosas non podo, así que me quedo coa noticia e alegróme de que as nosas bibliotecas estiveran tan ben representadas neste acto, non hai máis que ver as fotos para darse conta que non poderiamos ter mellores embaxaidores e embaixadoras.