24.6.08

Grazas: Mª Esther



Esta foi a frase do día. Desde o corazón.

GRAZAS, Mª Esther.

36 anos ininterrumpidos de mestra en Malpica. Varias xeracións de malpicáns pasaron pola súa aula.

O pasado xoves, todos e todas rendémoslle unha pequena homenaxe.
Subidos ó escenario os seus alumnos/as actuais, a promoción anterior (que agora acaba sexto) e tódolos exalumnos/as que poideron achegarse, cantáronlle a coro a canción de El Canto del Loco: Gracias. Desde o patio de butacas cantaba tamén o resto do colexio (todos aprenderan a canción)
O máis bonito foi como se gardou o segredo durante máis dun mes: no cole e na vila, de maneira que Mª Esther foi para o Centro Cívico pensando que ía ó festival de fin de curso.
Alí estaban os seus fillos e noras, o Sr. Alcalde e unha nutrida representación de pais e nais.

Esther xubílase por imperativo legal pero deixa en nós unha pegada de profesionalidae e de amor ós nenos e nenas, de traballo ben feito, de interés por todo o que enriquece a educación... Ata o último día: o seu último traballo escolar cos alumnos/as foi de educación documental.

Asegúranos que non deixará de colaborar coa Biblioteca e que nos adicará algo do seu tempo de xubilada moi, moi ocupada.Que así sexa, porque nos deixa un oco moi grande.

Grazas, Mª Esther.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Dende Arzúa os nosos parabens para Mª Ester, por ser unha profe tan querida, e tamén dende aquí darlle as GRAZAS por unha vida adicada ó ensino. Eso é algo que todos/as temos que agradecer a pesar de non coñecerte ...

Mari Carmen dixo...

Olga,gustoume moito o traballo do blog da xubilación de MªEsther.
Eu tamén lle digo GRAZAS pola súa amistade e polas horas e traballos
compartidos na Biblioteca.
Bicos
Mari Carmen

Anónimo dixo...

Sodes un Cole estupendo, xa tiven ocasión de comprobalo durante moitos anos e agora aínda estou máis convencida.
Esther, grazas por todo o que me enseñaches, me axudaches e por ser a miña amiga. Que sexas moi feliz nesta nova etapa da túa vida.
Isabel