"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
8.6.08
Despedida e peche
... e todo ten un final. Despedímonos deses tres días tan intensos. As caras eran de cansancio e, en xeral, de moita alegría polo ben que o pasamos. Todos prometeron volver.
Hai que ter en conta que, para a maioría dos nenos e nenas esta foi a súa primeira experiencia neste tipo de actividades. Descubriron as vantaxes e os inconvintes (¡que tamén os ten!) de estar fóra da casa.
Os profesores esperamos terlles ofrecido un bo recordo para a súa galería imaxinaria cando, de maiores, lembren o seu paso polo colexio de Primaria.
Desde aquí, e xa na casa, enviamos un abrazo ós rapaces e rapazas e desexamos que teñan unha boa travesía na etapa da súa vida que agora comeza.
Tamén enviamos un saúdo moi afectuoso para Diego, Almudena e Ana, os monitores que nos acompañaron nestes días e felicitámolos polo traballo ben feito, pola profesionalidade, polo cariño que poñen no que fan... ¡e polo ben que o fan! Facemos extensiva a felicitación ás cociñeiras e ó persoal de limpeza... O Fieitás é un lugar onde a xente traballa con alegría, nun bo ambiente... e eso transmítese a quenes os visitamos.
¡Abur!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Alégrome de que todo fóra tan, tan ben.
Saúdos desde a Sisarga Grande.
Leo
Estiven mirando atentamente a foto de grupo do primeiro día e a do último.
A min paréceme que estades cambiados, que non tendes a mesma cara: ¡parecedes máis miores! ¿Será que exercer de maiores faivos máis guapos/as?
A min paréceme que si.
Outro bico salgadiño:
Leo
Publicar un comentario