16.5.08

Vermes da seda



No noso cole hai moita afección ós vermes da seda. Tódolos anos temos unha boa camada deles. Esta presentación é o froito do traballo dun curso de 1º ciclo de hai varios anos.
Por se alguén quere saber de onde sae ese tecido tan, tan... suave: a seda

Completamos a información recomendando a lectura do libro de Alessandro Barico: SEDA.
Tal vez non sexa unha lectura que guste a todos,sobre todo agora que salta ó primeiro plano pola estrea da película baseada nel.
Lin Seda no 1996 e atrapoume esa prosa esencial, as palabras concisas que estalan dentro da boca (da cabeza)unha vez lidas, un mundo de sentimentos non nomeados... ¿un mundo de cobardes?

Ningún comentario: