"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
14.4.08
Premio para Jacobo
Felicitamos efusivamente a Jacobo Fernández Serrano polo Premio Castelao da Deputación da Coruña que ven de recibir.
A nosa biblio ten un cariño especial a Jacobo. El foi o primeiro invitado o ano pasado cando inauguramos as novas instalacións. El foi, tamén, quen asistiu no seu salón de estética, á nosa mascota que fóra previamente debuxada por Rosana Varela (4º B) dándolle a Leo o aspecto final que hoxe ten.
A obra: As aventuras de Cacauequi, está xa nas librerías.
Noraboa, Jacobo por ese recoñecemento tan merecido.
Podes saber máis cousas sobre o artista pinchando aquí.
E unha recomendación: A pedra e as formigas, un fermoso libro a ter en conta á hora de facer as nosas seleccións literarias. Escrito e debuxado polo autor.
Etiquetas:
animacion à lectura,
banda deseñada,
Jacobo Fernández Serrano,
mascota
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Eu recomendaria que tamen leades "A garderia de Dona Bixelmina " que escribiu e ilustrou Jacobo Fernández. Na clase limos este libro o curso pasado e gustounos moito
Mari Carmen
Publicar un comentario