"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
20.2.08
8 de Marzo: Leo quere saber...
Andivo por aquí Leo e preguntou en que traballan as mulleres de Malpica.
¿como explicarllo?
E pensamos que, ás veces, nada millor ca unha imaxe... ¡ou centos!
Imos facer un mural coas vosas fotos. Farédesllas ás mulleres que viven /traballan/son... de Malpica. Mulleres que fan traballos de aquí ou aquí.
Falaredes do tema na aula cada quen co seu/a profe e poñerédesvos dacordo en a quen vai fotografar cada ún coa mira de non repetir foto (o pobo non é tan grande e coñecémosnos todos/as)
As encargadas da Biblio colocaremos un mural no primeiro andar e iredes colocando nel as fotos segundo as vaiades traendo.
Algunhas das fotografías colgarémolas nun mural colectivo con outras bibliotecas de outros colexios de Galicia para que Leo vexa, tamén en que traballan mulleres doutros puntos do país.
Iso é todo.
¡De momento!
Na entrada anterior, Jesús explica de onde ven a celebración desta data.
Etiquetas:
Día da Muller
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario