30.1.08

¿Guerra ou chocolate?: CHOCOLATEEEEEEEEEEE!!!!!!


MANIFESTO POLA PAZ dos nenos e nenas do MILLADOIRO

-Que os seres humanos respecten a tódolos demás
-Que non importen as diferenzas relixiosas
-Que tódolos seres humanos adultos teñan un posto de traballo
-Que ninguén sexa discriminado pola cor da súa pel ou o seu país de orixe
-Que se respecte a riqueza dos países pobres (que non lles merquemos as materias primas baratas para venderllas despois en forma de productos elaborados e caros)
-Que os gobernos distribúan a riqueza en forma de servizos sociais para tódolos cidadáns
-Que os productos de primeira necesidade sexan asequibles para os países máis pobres
-Que homes e mulleres poidamos convivir en paz
-Que practiquemos a tolerancia uns cos outros
-Que non usemos as mans para pegar senón para axudar
-Que fagamos a Paz e non a guerra
-Que acabemos co terrorismo que fai o mundo horrible e vivamos coa Paz que fai o mundo xenial.

No veamos la Paz como una utopía, sino como una condición indispensable para la vida; como el agua, como los alimentos y como el aire.
Aprender a reirnos con otras personas y no de otras personas, sabiendo distinguir entre lo que es un chiste y lo que es una burla, considerada esta última como un modo de agresión o violencia más o menos disimulada.
Demostrar que una cosa es vivir con humor ciertas situaciones y otra, muy distinta, perder el respeto por los demás, actitudes que se confunden mucho en estos días
Favorezcamos la autoestima, la solidaridad y el diálogo.

¡POLA PAZ!

O presente Manifesto foi elaborado nas súas aulas polos nenos e nenas de 5º e 6º durante a última quincena co fin de ser lido hoxe, DIA DA PAZ, no acto que se celebrou pola tarde no patio do colexio e no que, ademáis, cantamos todos xuntos a canción Bandera de manos de Juanes

Pola mañá, os pequenos asistiron na biblioteca á lectura do conto Marce o carteiro, que nos chegou nun audiovisual vía a Biblioteca do Ceip de Pazos. Os de 4º leron de marabilla e, ó final: ¡Todos comimos chocolate!

3 comentarios:

Chispa dixo...

CHOCOLATEEEEEE!!!!
Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos. (Nós tamén o comimos)

O Segrel do Penedo dixo...

CHOCOLATEEEEEEEEE!!!!!
Nós tamén nos unimos a ese berro tan doce.
Aloumiños dende Fene

Andrade 39A dixo...

Nós tamén dende a biblioteca do cole de Andrade en Pontedeume nos unimos. Saúdos cheos de PAZ de Raioteca.