17.1.08

Día da Paz


O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado o líder pacifista Mahatma Gandhi.
A iniciativa de celebrar esta data coma Día Escolar da Paz, púxoa en marcha no ano 1964 o inspector de Educación Lorenzo Vidal. Finalmente, en 1976, o Ministerio de Educación fixo oficial a celebración en tódalas escolas do estado dun xeito voluntario.
Cada centro ou grupo de profesores adicamos un tempo para ese traballo específico con formas variadas.

Os nenos e nenas de 6º do Milladoiro van traballar con cadros de Picasso. Máis concretamente tres dos seus cadros: O Guernica, a Paz e a Guerra que se atopan na capela laica da Paz da cidade francesa de Vallauris.
Haberá outras moitas actividades para cada curso e para todos/as xuntos xa que o departamento de Orientación fíxonos un mundo de suxerencias.

Deixámosvos un crebatestas por se vos apetece descansar un ratiño.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Gústame moito o tema que elixistedes e ás páxinas dos enlaces

Anónimo dixo...

Gústame as páxinas que elixistedes para os enlaces.