Nos últimos meses vense oindo todo tipo de críticas e opinións sobre este libro de John Boyne. Eu non quero repetirme. Simplemente recomendarvos que non vos perdades a inocente visión dun neno sobre os terribles campos de exterminio nazis. Unha vez máis se pode comprobar todo o que nos pode ensinar un neno ou se o preferides, todas as reflexións ou toma de conciencia que pode provocar. Este libro pode ser unha estupenda ferramenta para traballar na aula os dereitos humanos. Anímovos a que o leades, recomendedes aos vosos alumnos e utilicedes. Merece a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario