20.12.07

19.12.07

Jacobo Fernández Serrano




Leo pensou pasar por un salón de beleza e arreglarse un pouquiño.
Decidiuse polo de Jacobo Fernández Serrano quen de inmediato púxose mans á obra. El nunca antes se tivera encargado dunha serea, e moito menos dunha que viva nas Sisargas e pase as noites nunha biblioteca escolar, pero co seu ben facer natural... ¡deixouna preciosa!
Agradecemos a bondade de Jacobo que, anque vive desto, nesta ocasión non cobrou o seu traballo.
Jacobo foi moi respectuoso con Leo: non modificou nada nela, só lle deu un toquiño de artista
Velaí tendes o resultado.

17.12.07

EL PRINCIPITO




Para todos aqueles que son capaces de ver máis aló do evidente. Para todos aqueles que, tras ler o Principiño, fixérono a súa filosofía de vida, para todos aqueles que aínda non o descubriron, para todos...: O Principiño, de Saint-Exupéry, no teatro. Comeza a representación o 29 de Decembro no Teatro Español de Madrid ata o 20 de Xaneiro. A recaudación do día 11 de xaneiro será destinada a proxectos de Intermón Oxfam, como o de educación en Angola. Ante a dúbida de se se achegará ás nosas terras, aproveitade unha viaxeciña a Madrid para vela. Seguro que non defrauda.

Os dereitos humáns




Ademáis de traballar os dereitos humáns en xeral, cos nenos de primeiro ciclo estamos a traballar especialmente estos días os dereitos a non traballar e o dereito á educación. Para iso, estamos a utilizar duas estupendas publicacións editadas por Intermon Oxfam: "T de traballo infantil" de Ardito Melissa e a obra de Tomás Abella, "E de escuela".




A castaña que rebentou de risa

table width="426" border="0">Grazas ao estupendo traballo do CEIP de Pazos (Ferrol), os alumnos de primeiro ciclo puideron gozar do conto "A castaña que rebentou ca risa". Isabel Abella, de 2º nivel, púxolle voz ao conto. Foi unha ledicia escoitala ler así como ver gozar aos seus compañeiros. Ánimo a todos os mestres e pais que fomentan a lectura e a todos os nenos que se mergullan no fascinante mundo dos libro.

14.12.07

Celebramos o Premio MEC




Hoxe celebramos unha pequena recepción no colexio á que invitamos á representación de tódolos sectores desta comunidade escolar. Pais, nais, alcalde, tècnico de cultura, concelleira, exconcelleiro, e case todos nós (os profes) reunímonos entorno ó escritor, profesor e malpicàn Xelucho Abella para celebrar a concesión dese premio MEC que ten un nome tan bonito: Premio ás Boas Pràcticas.
O obxectivo fundamental era comunicar a nova e contaxiar satisfacción e orgullo.
Este é un pobo moi pequeno que cando sae nos xornais adoita ser na secciòn de sucesos, polo que este recoñecemento ten un valor especial.
Colexios pequenos, de vilas pequenas, na periferia da periferia... colexios pùblicos. ¡Unha honra!
Aproveitamos a presenza entre nós do señor Inspector para comunicarlle a nosa preocupaciòn de que este servizo descanse sobre actos voluntarios, cando deberìa pertencer à columna vertebral dos centros educativos: ou sexa aparecer no ROC. Co que se mostrou conforme.
Houbo discursos, literatura, comida, bebida e... moita camaraderìa.
Mari, a compañeira que coordina o GT do blog tiroume das orellas porque non nomeei este recurso novo nas miñas palabras. Agora, tento desculparme colgando a nova para que o blog dé a primicia e cumpla unha das funciòns que lle temos asignadas: divulgar
Enfin: unha xornada para recordar.

10.12.07

Unidades Didácticas Dereitos Humanos


Para traballar na aula en primaria Intermon Oxfam pon a disposición de todos/as unhas unidades didácticas excepciomales para o traballo a nivel de primaria reivindicando os servicios básicos a través dos dereitos humanos.

9.12.07

10 DE DECEMBRO - DÍA DOS DEREITOS HUMANOS



Os Dereitos Humanos
Os Dereitos Humanos son o conxunto de prerrogativas inherentes á natureza da persoa, cuxa realización efectiva resulta indispensábel para o desenvolvemento integral do individuo que vive nunha sociedade xuridicamente organizada. Estes dereitos, establecidos na Constitución e nas leis, deben ser recoñecidos e garantidos polo Estado. Poderiamos dicir mesmo que son aquelas esixencias que agroman da propia condición natural do home.

Cando falamos da palabra “dereito” facemos fincapé nun poder ou facultade de actuar, un permiso para obrar nun determinado sentido ou para esixir unha conducta doutro suxeito. E son chamados “humanos” porque son do home, de cada un de nós. O home é o destinatario destes dereitos. E así, reclaman recoñecemento, respecto e promoción por parte de tod@s e especialmente da autoridade. Por iso, estes dereitos son inherentes e inalienables. Os dereitos humanos son universais porque pertencen a todos os homes, a todos por igual, en todo tempo e lugar; atópanse de xeito innato ligados á natureza do home. Deben ser o piar das comunidades.

Porén, non son realmente respectados, existindo toda clase de violacións: privacións das liberdades fundamentais, torturas, imposibilidade de acceso aos servizos de saúde e auga potábel, uso de minas antipersoais, discriminación e actos terroristas que xeran catástrofes, xenocidio, nenos soldado, etc.

Ás veces, esquecémonos do realmente importante, ocupados como estamos no noso devir cotián. Son as cousas e as persoas cercanas as que realmente nos importan, as que nos fan sufrir ou aledarnos. Pero tamén sabemos que o noso oficio, o noso traballo, a nosa dedicación primeira e fundamental é formar a unha serie de persoas-proxecto, o cerne do futuro, as xeracións que poderán facer do mundo do mañá un universo máis xusto no que habitar. Somos educadores, e como tales, priorizamos tarefas como a que agora nos une. Debemos procurar que o noso alumnado reteña na súa retina e na súa memoria que días como o 25 de novembro, o 30 de xaneiro, o 8 de marzo… días coma o de hoxe existen porque hai persoas que sofren unha penuria diaria que contravén o espírito do ser humano que deberiamos abandeirar. É o noso labor tentar que eses sufrimentos non existan, que deixen de existiren eses días porque a sociedade do futuro, esa na que tanto temos nós que dicir –non o esquezamos, co noso propio exemplo- non as procura, non as necesita.

Por esta razón, aquí estamos, de novo, unidos por unha nova causa común, o Día dos Dereitos Humanos, denunciando a súa violación. Vímolo facendo dende hai tres días. Resulta, sen lugar a dúbidas, moi clarificador, que os nosos blogues estean unidos desde esas datas. Emotivo. Significativo. É o noso desexo seguir a loitar unidos. E conseguirémolo.


CARTEIS CONTRA AS VIOLACIÓNS DOS DDHH




Dignidade e Xustiza para todos nós!!

Pica na cita e verás unha presentación feita con debuxos realizados polo alumnado de Infantil e Primaria

"Os Dereitos Humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, esntendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos...Son o mellor de nós. Deámoslles vida" (Kofi Annan)

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


Hoxe é día 10 de decembro. É un día especial para celebrar nos colexios e así se fai desde hai moitos anos. Esta vez os Blogs das Bibliotecas Escolares de Galicia temos a oportunidade de amosarnos unidos no seu 60º aniversario e de compartir co resto das Bibliotecas Escolares este traballo que nos representa a todas.
"Dignidade e xustiza para todos nós" é o lema deste ano.

O MUNDO DO CINE E OS DEREITOS HUMANOS


"EL GRAN DICTADOR"
PELÍCULA INTERPRETADA POR CHARLES CHAPLIN "CHARLOT"

Discurso final de Charlot, o Charlot que, aproveitando o seu parecido físico con Hitler, se dirixe aos soldados dispostos a conquistar o mundo.
Charlot lles recorda que non hai que combater pola escravitude, que deben loitar en prol da liberdade e a xustiza, que hai lugar para a esperanza.

PODEDES FACER DESTA VIDA UNHA RADIANTE AVENTURA
PODÉIS HACER DE ESTA VIDA UNA RADIANTE AVENTURA

Realmente lo siento pero no aspiro a ser emperador. Eso no es nada para mí. No pretendo regentar, ni conquistar nada de nada. Me gustaría ayudar, en lo posible, a cristianos y judíos... negros y blancos. Todos tenemos el deseo de ayudarnos mutuamente. La gente civilizada es así. Queremos vivir de nuestra dicha mutua... no de nuestra mutua desdicha. No queremos despreciarnos y odiarnos mutuamente. En este mundo hay sitio para todos. Y la buena tierra es rica y puede garantizar la subsistencia de todos. El camino de la vida puede ser libre y magnífico, pero hemos perdido ese camino. La voracidad ha envenenado el alma de los hombres, ha rodeado el mundo con un círculo de odio y nos ha hecho entrar marcando el paso de la oca en la miseria y la sangre. Hemos mejorado la velocidad, pero somos esclavos de ella. La mecanización que trae consigo la abundancia nos ha alejado del deseo. Nuestra ciencia nos ha vuelto cínicos. Nuestra inteligencia, duros y brutales. Pensamos en exceso y no sentimos bastante. Tenemos más necesidad de espíritu humanitario que de mecanización. Necesitamos más la amabilidad y la cortesía que la inteligencia. Sin estas cualidades la vida sólo puede ser violenta y todo está perdido. La aviación y la radio nos han acercado los unos a los otros. La naturaleza misma de estos inventos requería la bondad del hombre y reclamaba una fraternidad universal para la unión de todos. En este momento, mi voz llega a miles de seres esparcidos por el mundo.
A aquéllos que puedan comprenderme les digo: No desesperéis, la desgracia que ha caído sobre nosotros no es más que el resultado de un apetito feroz de la amargura de unos hombres que temen el camino del progreso humano. El odio de los hombres pasará y los dictadores perecerán, y el poder que han usurpado al pueblo volverá al pueblo.
Soldados, no os entreguéis a esos brutos, hombres que os desprecian y os tratan como esclavos, hombres que rigen vuestras vidas, imponen vuestros actos, vuestros pensamientos: que os amaestran y os hacen ayunar, os tratan como ganado y os utilizan como carne de cañón. No os pongáis en manos de esos hombres contra natura, de esos hombres máquinas con corazones de máquinas.
¡Vosotros no sois máquinas! ¡Vosotros no sois ganado! ¡Vosotros sois hombres! ¡Vosotros lleváis el amor de la humanidad en vuestros corazones! No odiéis. Sólo los que no son amados odian. Los que no son amados y los anormales... Soldados, ¡no combatáis por la esclavitud! Combatid por la libertad.
En el capítulo diecisiete del Evangelio, según S. Lucas, está escrito:
«El Reino de Dios está en el hombre mismo». No en un solo hombre, ni en un grupo de hombres, ¡en todos los hombres! y vosotros ¡vosotros el pueblo! tenéis el poder para crear máquinas. El poder para crear felicidad. Vosotros el pueblo tenéis el poder para crear esa vida libre y espléndida... para hacer de esa vida una radiante aventura. Entonces, en nombre de la democracia, utilicemos ese poder... ¡Unámonos todos! luchemos por un mundo nuevo, un mundo limpio que ofrezca a todos la posibilidad de trabajar, que dé a la juventud un porvenir y resguarde a los ancianos de la necesidad.
Prometiendo estas cosas, gente ambiciosa se ha hecho con el poder. Pero ¡ha mentido! No han mantenido sus promesas, ¡ni las mantendrán jamás! Los dictadores se han liberado pero han domesticado al pueblo. Combatamos ahora para que se cumpla esta promesa. Combatamos por un mundo equilibrado... Un mundo de ciencia, en el que el progreso lleve a todos a la felicidad.
¡Soldados! en nombre de la democracia ¡unámonos!

8.12.07

O Mundo das Letras e os Dereitos Humanos

La Aventura Humana
Osset Hernández, M.
Ed. Icaria, Barcelona, 2005.
Recompilación de trinta contos populares que corresponden a cada un dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. O autor quere amosar que en calquera tradición existe a lo menos un conto que é posible utilizar para transmitir os valores que enuncian os dereitos humanos polo tanto forma parte do acervo colectivo da humanidade.

Neste libro atoparedes os seguintes contos:
Afgano: Hussun Banu
Amazónico: La justicia de Tupá
Árabe: Sherezade
Bereber: Un docto cadáver
Bretón: Cantos de boda
Castelán: Blancaflor
Catalán: El conejo, el gallo, el gato, el perro y el carnero
Chinés: Liang Sanbo y Zhu Yingtai
Congoleño: Nkolle o la aventura humana
Coreano: La liebre y el hígado

Cubano: Bregantino, Bregantín
Exipcio: El león y el gato
Xitano: El origen del violín
Grego: Prometeo y la caja de Pandora

Guineano: El hijo del cocodrilo
Hindú: El bueno y
el malo
Huichol: El diluvio
Indoeuropeo: El hombre que quería robar a su compañero
Irlandés: El juicio del gato

Letón: El hombre-oso
Malí: Un bastardo
Masai: Los frutos del sicomoro
Mexicano: Xicoatl, estrella errante

Nepalí: Lalari y Kusuri; Khoktschulukpa y el nacimiento de la cultura
quechua: El cuento de Pedro Lache
saharaui: El honor

sioux: El águila y el cazador
tibetano: La hija de los dragones
vasco: Catorce
... que os disfrutedes e vos aporten a súa maxia.

CITAS

"La violencia es el último recurso del incompetente". (Isaac Asimov)

"Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego". (Gandhi)

"La violencia es el miedo a los ideales de los demás". (Gandhi)

"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Gandhi)

"No hay más calma que la engendrada por la razón". (Séneca)

"La verdad no está de parte de quién más grite". (Rabindranath Tagore)

"El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia". (Rigoberta Menchú)

"Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos... Son lo mejor de nosotros. Denles vida". (Kofi Annan)

"Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia". (León Blum)

"Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre". (Henri-Frédéric Amaniel)

"Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira". (Claude Lévy-Strauss)

"A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor". (Albert Camus)

A castaña que rebentou de risa


Grazas ao estupendo traballo do CEIP de Pazos (Ferrol), os alumnos de primeiro ciclo puideron gozar do conto "A castaña que rebentou ca risa". Isabel Abella, de 2º nivel, púxolle voz ao conto. Foi unha ledicia escoitala ler así como ver gozar aos seus compañeiros. Ánimo a todos os mestres e pais que fomentan a lectura e a todos os nenos que se mergullan no fascinante mundo dos libro.

7.12.07

O MUNDO DA MÚSICA E OS DEREITOS HUMANOS

Fíjate bien (Juanes)
Te han quitado lo que tienes
Te han robado el pan del dia
Te han sacado de tus tierras

Y no parece que termina aqui
Despojado de tu casa
vas sin rumbo a la ciudad
sos el hijo de la nada

sos la vida que se va
Son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
Y no te olvides de esto no no no
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies amor

Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies...

Ya no se quien es el dueño
de tu vida y de la mia
solo se que hay un cuento
que no parece que termina aqui
Como dicen en los diaros

y como dicen en la tele
y como dicen en la radio
que no parece que termina aqui

son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
y no te olvides de esto no no no

Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies (amor/por favor/amor)

Por que ellos no van a buscarte
ellos no van a salvarte
ellos no van ellos no van no no
y tu no lo vas a creer

Where is the love (Black eyed peas)
Rosa de la paz (Amaral)
Streets of Philadelphia (Bruce Springsteen)
Black eyes, blue tears (Shania Twain)
I will survive (Gloria Gaynor)
free music

4.12.07

Wikipedia



Se, a tal hora, hai unha persoa no mundo que queira saber algo sobre Malpica e entra na GALIPEDIA... ¡xa pode facelo! Se esa curiosidade a tivera hai dez dìas... ¡non poderìa! Ese è o poder da web.
Os escolares de 6º estàn vertendo na web os contidos que eles mesmos elaboraron o curso pasado para un libro Malpica, a miña vila, que nos encargou a editorial Planeta.
Foi un traballo ben planificado e non que interviñeron tòdolos nenos e nenas do centro e os profesores que quixemos. Finalmente saeu un libro moi digno pero que non se pode vender. Nin siquera regalar: fixeron tantos exemplares como autores.
E nòs pensamos... ¿vaise perder todo este traballo? ¿non o vai disfrutar-aproveitar ninguèn màis que as familias que teñen fillos/as este curso no centro?.
E decidimos pòr , alo menos, parete do contido na Galipedia.
E vai saìndo.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Malpica

El niño con el pijama de rayas



Nos últimos meses vense oindo todo tipo de críticas e opinións sobre este libro de John Boyne. Eu non quero repetirme. Simplemente recomendarvos que non vos perdades a inocente visión dun neno sobre os terribles campos de exterminio nazis. Unha vez máis se pode comprobar todo o que nos pode ensinar un neno ou se o preferides, todas as reflexións ou toma de conciencia que pode provocar. Este libro pode ser unha estupenda ferramenta para traballar na aula os dereitos humanos. Anímovos a que o leades, recomendedes aos vosos alumnos e utilicedes. Merece a pena.