30.11.07

Eleonora Nacarina, alias LEO


Este curso comezamos cunha campaña para que os nenos e nenas debuxaran a mascota. A verdade è que levamos todos estes anos funcionando sen ningunha...¡e xa estaba ben!

Un dìa apareceu unha carta en tòdalas aulas dunha tal Eleonora Nacarina que è unha serea e vive nas Sisargas. Contàballes que, o curso pasado, mentre andivemos de obras e a biblio estaba pechada, comezou a vir por aquì e a quedarse a ler tòdalas noites. Despois, soubo que esto era un cole e estaba cheo de nenos e nenas polo dìa.

Eleonora Nacarina è un nome complicado para que o saiban dicir os xurelos, as sardiñas, os calamares.... e chàmanlle LEO.

Pediulles òs nenos e nenas que fixeran un debuxo dela e que, a fins do mes, ela pasarìa polo mural no que lles pediu que os colocasen, a escoller o que màis se lle parecera.

Tivo grandes dificultades para decidirse.... pero ò fin escolleu.

Aì tendes un adianto.

Agora, imos pedir a un debuxante deses de renome que nos visitan por veces... que a acomode se è que o precisa.

¡E xa temos mascota!

Benvida, Eleonora Nacarina.

Benvida, LEO.

Esperamos que sexa o estìmulo para vir à bilbio de aqueles que aìnda non o fan, e unha compaña para tòdolos lectores e lectoras que xa temos.

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Benvidos!!!
Xa estabades tardando demasiado... Hoxe é un día de ledicia para a blogosfera das Bibliotecas Escolares Galegas.
Bicos dende Fene.

Anónimo dixo...

Aquí estades!!
Noraboa e moitos ánimos. A cousa pinta moi ben e seguro qe irá mellor.
Un bico para Leo!

Anónimo dixo...

Eureka. ¡¡ Xa temos mascota para a nosa Biblioteca!!
Mari Carmen