23.11.07

Contra a violencia de xènero




Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .

2 comentarios:

Mari dijo...

Gracias por estas recomendacións: Hai tempo que me fixeron un comentario que me deixou sen palabras. Unha "muller", que fora "mestra", defendía que unha das causas do fracaso da educación pública era a educación mixta. Ela non o sabía, pero sí que tiña razón en algo. Fracasou dende que nos limitamos a educar aos rapaces xuntos físicamente pero ás nenas como nenas e aos nenos como nenos. Debemos día a día, no noso contacto diario c@s rapaces e rapazas, levar á práctica a coeducación de maneira que eles aprendan a respetarse, romper tabús de xénero, fomentar valores que frenen a violencia de xénero e loitar pola igualdade. Aquí vos deixo unha proposta interesante para os interesados en fomentar os dereitos humanos en xeral nas aulas: http://www.sgep.org/modules/contidos/PROG07-08.pdf

olga dijo...

¡Esto funciona, Mari!
olga