Premer na imaxe para acceder á galería de fotos, que inclúe vídeo
No día de hoxe, visitounos Anxo Fariña para desenvolver a formación de biblioteca creativa:
- "Divermonstros" foi o obradoiro dirixido ao alumnado de 6º de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. Pasárono... de medo!
- "Cidade Violeta" foi o obradoiro dirixido ao alumnado de 4º e 5º de educación primaria. Creando e concienciando.
- "Ilustración" foi o obradoiro dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria. Técnicas e pequenos trucos para ser grandes ilustradores/as.
Agradecemos a Anxo o seu bo facer e o lote de libros que nos deixou a modo de agasallo para ampliar os nosos fondos; así como as súas ilustracións e dedicatorias.
Todo un éxito contar con profesionais tan expertos coma Anxo Fariña. Moita aprendizaxe creativa e divertida, repetiremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario