A imaxe reflicte a exposición AS NOSAS LETRAS! que inauguramos neste 1º trimestre para dinamizar lecturas de autores/as galegos/as que é imprescindible coñecer, valorar, divulgar.
A exposición estivo adicada ao GRAN MESTRE: Xabier P. Docampo, que protagonizou a nosa proposta de actividades do 1º trimestre en relación coa oralidade, co noso PDI.
Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos, entre as cales destaca a súa dedicatoria no exemplar "O misterio das badaladas" do día en que visitou o noso colexio. Un pequeno tesouro ben gardado e valorado na nosa Biblioteca.
Os grupos de 6º de Primaria, na sesión semanal Aprender a Investigar, ademais de elaborar o seu primeiro traballo documental arredor de Malpica e a Costa da Morte; finalizaron o trimestre lendo algúns dos títulos do escritor e elaborando a súa biografía, da cal daremos boa conta no 2º trimestre.
Seguimos querendo... salvagardar o noso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario