18.6.21

Música pola IGUALDADE!

O alumnado do CEIP Milladoiro de Malpica, coa mestra Águeda como coordinadora da actividade desenvolta na área Educación Musical, presentan en formato audiovisual un fermoso produto final a prol da igualdade: Depende de los 2. Esta actividade xurdiu a partires do proxecto desenvolto nos centros de Huesca: CRA Alto Gállego e CEIP Puente Sardas, e que actualmente está coordinado dende a Asociación Proyectos Artísticos del Pirineo.

Parabéns por dar visibilidade, a través da Música, a TOD@S: somos iguais en dereitos e deberes, non é feminino nin masculino, é tarefa dos dous sempre na busca do respecto mutuo e a igualdade real.

Ningún comentario: