18.10.18

Poéticas diversas

Poéticas diversas é o lema que guiará neste curso os pasos das Bibliotecas Escolares Galegas.
Con el, preténdese impulsar o gusto pola poesía como xénero literario, pero tamén espertar no noso alumnado o interese por descubrir a poesía que se agocha en moitas outras produccións literarias como a fotografía, o cine, as artes en xeral, a paisaxe, o universo, a música, o traballo cotiá, as relacións humanas...

A ilustradora escollida foi Nuria Díaz que nos ofrece unha imaxe moi representativa do que se agocha no lema.
Unha biblioteca escolar como a nosa: actualizada en recursos e equipamentos, atendida con mimo, integrada no pulso diario do colexio, supón unha oportunidade para descubrir esas poéticas ocultas.

Sabedes que este curso é especial para nós porque atravesamos un momento de cambio pero iso non nos vai impedir enfocar o noso traballo con esta visión poética.

Avante toda!

Ningún comentario: