21.3.18

Logo de Radio Balea

Por fin, Radio Balea xa ten imaxe.
A artista foi Cristina Corzón Veres de 6º de Primaria
Parabéns por este debuxo que nos deixou abraiados polo que ten de conceptual, esquemático e expresivo.
Quedará con nós moooooooitos anos!
Cando ti, Cris,  xa andes polo mundo adiante procurando facelo un pouco mellor, quenes daquela veñan ao Milladoiro, disfrutarán desta imaxe que saeu da túa man, do teu pensamento e do teu corazón.
Grazas, Cristina!

Ningún comentario: