21.11.16

VII Xornadas de Bibliotecas Escolares


Este fin de semana tiveron lugar en Santiao as xa tradicionais Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia que contaron coa asistencia de case 1.000 docentes chegados de toda Galicia. Do noso centro acudimos tres profesoras. As Xornadas son sempre un lugar de aprendizaxe de primeira magnitude, ademáis de proporcionarnos o encontro necesario con compañeiras e compañeiros que, en diferentes colexios de Galicia, desenvolven traballos encol do papel que cumple e/ou debe cumplir a Biblioteca Escolar na vida diaria cos centros escolares. Viñemos, coma decote, cargads de enerxía e ideas. Agradecemos á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CAFI a posta en marcha destas actividades de Formación que tanto aportan ao ensino público e de calidade.

No hay comentarios: