15.12.15

Fin de trimestre

Mañá mércores as SS.MM. de Oriente visitarán aos nosos pequenos de Infantil, 1º e 2º, na Biblioteca
O xoves 17, ás 10:45, quen nos visitará será o Sr. Alcalde para entregar os premios do cartel e a postal oficiais que xa son habituais nestas datas.

Para o venres 18, este ano temos un programa especia:
A primeira hora subiremos ás aulas e entregaremos as notas e a Guía de lecturas de Nadal que xa está publicada neste blogue.

Ás 11h no Centro Cívico, convidamos a Paco Nogueiras a que viñera canta para nós. Todo un luxo!

Despois, a ANPA organizou para nós unha chocolatada no patio do cole:
Chocolate con churros!!!
Marcharemos para casa á hora habitual.

Felices vacacións a todos/as!

Ningún comentario: