9.4.15

Malpica

Esta é a imaxe que nos preocupa. Refelxa a evolución da poboación do noso concello desde o ano 1.900 ata o 2.014. É dicir: 114 anos.
Os datos están tirados do Instituto Nacional de Estatística e do Instituto Galego de Estatística. Son, polo tanto, os datos oficiais e non ofrecen dúbidas.

Para o Concello, en xeral, son datos preocupantes pois reflexan o que é unha realidade en toda Galicia:a despoboación da Galicia rural.

Como consecuencia? que todos os servizos se ven afectados. Tamén os centros educativos que, curso tras curso, pedermos alumnado e, polo tanto, vemos reducido o número de profesorado, os servizos que podemos ofrecer, e o orzamento asignado pola Consellería.
As solucións non son doadas pero, cada un dos estamentos implicados teremos que pensar como podemos contribuir a cambiar esta gráfica tan alarmante.

Ningún comentario: