17.3.13

Fracaso escolar

Traemos hoxe a esta fiestra virtual a testemuña da profesora Mª Ángeles Llorente ante a comisión de Educación das Corts Valencianas. Trátase dun video longo (1 hora e 32 minutos)no que a exposición ocupa os primeiros 42 minutos e o resto ao turno de preguntas dos diferentes grupos políticos presentes e á resposta da ponente a todoas elas. Paga a pena dedicarllos pois a profesora fai unha exposición clara e concisa de aspectos relativos ao fracaso escolar e as POSIBLES medidas a tomar para a súa erradicación.

Por se alguén non dispón dese tempo:
  • entre o minuto 2 e o 5, DEFINE o concepto do fracaso escolar.
  • Entre o 7 e o novo, e máis tarde á 1 hora e 11 minutos, exténdese sobre a AVALIACIÓN dos escolares. 
  • No minuto 16 argumenta a necesidade do TRABALLO POR PROXECTOS. Asunto este de APRENDER A APRENDER, sobre o que volve no minuto 27 despois da primeira hora. 
  • No minuto 20 explica e argumenta o asunto daa desigualdades de partida (sociasi, personais, escolares e/ou familiares) 
  • No minuto 28 argumenta a necesidade da escolarización pública (que non obrigatoria) do período 0-3. 

 Un documento que podería dar lugar a interesantes reflexións tanto nos claustros coma nas asociacións de pais e nais así coma nos seminarios de inspectores e, en definitiva, entre todos cantos directa ou indirectamente estamos comprometidos e implicados na educación.

15.3.13

O mar e a memoria


Este sábado terá lugar un importante acto que, en realidade son dous: Primeiro, ás 12 do día, no momento en que o mercado de abastos está máis concurrido, inauguraráse a exposición fotográfica que leva este título e que recolle parte da memoria fotográfica de Malpica relacionada co mar. Este traballo impagable, débese ao labor de búsqueda e catalogación feito polo profesor Xurxo Alfeirán a comezos dos anos 80, que el desinteresadamente regalou ao Concello de Malpica e forma parte do arquivo municipal co nome de Malpica en fotos.
 Máis tarde, o profesor Alfeirán continuou a completar ese traballo. Mañá, polo tanto, veremos imaxes que estaban inéditas ata o momento.  El mesmo é o comisario da exposición.

Este trabllo concienzudo e valiosísimo, complétase co libro do investigador Fco. Xavier Redondo Aval (Pontevedra, 1964), titulado O mar e a memoria: o expediente Armesto.
A presentación do libro terá lugar ás 5 da tarde na sala de xuntas da Confraría de Pescadores de Malpica coa participación do propio autor así coma de Pancho Pillado coma director da Editorial Laiovento .

A continuación terá lugar o visionado e tertulia sobre fotografía histórica conducida polo comisario da exposición, o xa mencionado profesor Xurxo Alfeirán.

Saudamos este traballo con alegría pois sabémonos infinitamente pequenos no mapa do mundo pero, aínda así, temos unha historia como pobo que debemos conservar e transmitir ás xeracíons que nos seguen.
Este libro recolle unha pequena parte dela. Unha parte que xa non será preciso andar a pescudar: témola.
Polo que extendemos o noso agradecemento á editorial e ao investigador.

14.3.13

Taller con Emilio Lois



 O pasado martes tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos

11.3.13

Marie Curie. Semana da Muller Traballadora V

Esta foi a aportación dos nenos e nenas de 4º que, o pasado venres,  contaron a vida de Marie Curie en forma de kamishibai.
Estupendo porque así, poderemos seguila contando en anos sucesivos.
Grazas por tanto traballo!

Maruja Mallo. Semana da Muller Traballadora VI






 Magnífica, excelente, PRECIOSA... a presentación que hoxe nos fixeron os nenos e nenas de 3º sobre a pintora galega Maruja Mallo. Hai que escoitar o audio ao tempo que pasades as imaxes porque.... aprenderon ata aí. Digna de ser vista por nenos e nenas de Secundaria, Bacherelato... Parabéns por tanta calidade! http://dl.dropbox.com/u/35917123/audio/AUDIO20MARUJA20MALLO.mp3

9.3.13

Amelia Earhart. Semana da Muller Traballadora IV


En 5º escolleron a esta muller intrépida, valente, aventureira e todos aprendimos ...¡o que non sabiamos!
Grazas e para béns por ese traballo tan ben feito.

A maxia dos contos


O pasado día 4 os pequenos de E. I., recibiron a visita de dous contacontos que nos agasallou a editorial Kalandraka.
Unha maravilla de profesionalidade por parte deles e unha experiencia fermosa e motivadora para os nenos e nenas. Alguén dá máis?

AQUÍ tendes a reportaxe completa

Lendo para pequenos

Lendo para pequenos

7.3.13

Teresa de Calcuta. Semana da Muller Traballadora III



Os nenos e nenas de 1º, que hoxe nos contaron a vida de Teresa de Calcuta.
Bravo!

6.3.13

Historia do 8 de Marzo. Video



Cada xornada destas que levan apelido, ten detrás unha historia que fai que ESE día se adique especialmente a lembrar ESE asunto ( o que sexa)
Neste caso trátase do 8 de Mrazo: Día Internacional da MUller Traballadora.
Sabes que se conmemora?
Sabes que se pide?
Sabes que se reivindica?
Mira con atención o cideo e, xa verás....

Pinito del Oro. Semana da Muller Traballadora II


Presentación de Pinito del Oro from bemilladoiro on Vimeo.
Os nenos e nenas de 6ºB interesáronse na vida desta ilustre artista de circo canaria. Unha muller que viviu tempos difíciles e, co seu esforzo e traballo "chegou moi alto" na súa profesión.

 Primeiro contáronnos a súa vida e logo proxectáronnos este pequeno filme que fixeron eles mesmos.

Susana Seivane. Semana da Muller Traballadora I


Comezamos a Semana da Muller Traballadora coa exposición dos nenos e nenas de 6ºA. Fixeron a biografía de Susana Seivane e, a propia artista, a través do correo electrónico con Sofía Ures, correxiu os datos que non eran exactos.
 Así que, esta presentación ten a categoría de Biografía Autorizada.
Para nós foi moi valioso que esta muller, famosa no mundo enteiro, estivera tan disposta a axudarnos e falar directamente con nós.
Foi algo que nos gustou moito, moito.
Velaí un exemplo de muller traballadora.

3.3.13

LIM Mulleres e ciencia

Premendo sobre aimaxe ou AQUI, podes acceder ao LIM feoto pola profesora Nela Abella. Malpicana, mestra, muller e traballadora que anque non vive entre nós, está sempre en contacto. Grazas, Nela!

2.3.13

Mulleres galegas

Comeza semana da ectividades arredor do Día da Muller Traballadora. Levamos moitos días investigando e escribindo sobre elas. Fixemos entrevistas, indagamos, aprendemos, e preparamos eses traballos que xa estamos ansiosos por ver e que terán o seu momento durante a HL de toda a semana na Biblioteca. Aprenderemos as claves do éxito e a popularidade en mulleres profesionais e traballadoras valorando o esforzo como camiño para acadalo. Mentres tanto, deixovos esta presentación moi na onda do noso traballo, que fixeron os escolares do IES Frei Martín Sarmiento:
Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.
AQUI PODES ACCEDER á nosa propia páxina de recursos. Está, asemade, enlazada no apartado RECURSOS da columna dereita deste blog.