8.11.12

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa. A ilustración do cartel deste ano correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011) Este vindeiro venres e sábado terán lugar en Compostela as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER Contaremos o aprendido. Mentres, podedes ter acceso aos materiais AQUÍ

Ningún comentario: