28.11.12

Expurgo


Xa sabedes que andamos a facer cambios en profundidade na nosa biblioteca. Un deles afecta aos fondos: estamos a facer un EXPURGO. Isto é: desfacernos de libros e outros materiais que non están en moi bo estado, ou que están desfasados, ou que xa non vos gustan... pero, ás veces, dános mágoa tirar con eles. Así que, decidímonos por unha práctica que se fai noutras bibliotecas escolares: DAR OS LIBROS EN ADOPCIÓN. Efectivamente: nós dámolos de baixa, anulámolos no rexistro e poñémolos nese andel que colocamos no corredor do primeiro andar coa intención de que, se vos gustan os levedes para a vosa casa.
Así de doado. Sen máis.
O que agardamos é que algún teña unha nova vida xa fora do colexio e que sexa lido alomenos unha vez máis.
O certo é que está tendo moi boa acollida pois puxémolos hoxe e...¡xa faltan moitos! É unha instalación puntual: só mentres dure o expurgo. Así que... estades atentos!

2 comentarios:

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Paréceme unha idea boisima esa de dar os libros en adopción e aplaudo a iniciativa.
Espero que a Biblioteca vos quede preciosa despois de darlle unha voltiña,que de cando en vez venlle ben.
Ánimo para seguir traballando!!!!
Con cariño
Mari Carmen

Leo dixo...

Bueno... de momento só hai cartóns polo chan e libros a feixes :-)