ó fío do argumento da novela Fahrenheit 451pensamos en que se iso sucedese hoxe...¿que libro salvariamos nós de entre os numerosos da literatura galega?
E puxémonos mans á obra.
O arquitecto e debuxante Jaime Jaureguizar, fixo para nós o deseño dos fermosos carteis que serven de soporte é fan posible a imaxe da actividade.
Mª Dolores e Sabela foron as encargadas de coordinar a parte conxunta da actividade, polo que lles damos as grazas. Uha vez máis: traballar xuntos multiplica os resultados.
Levamos meses preparando a actividade, coñecendo libros, afondando neles, lembrando os nosos favoritos... e memorizando parágrafos. Porque o que se lembra non desaparece.
Isto que vedes é o resultado dos libros que forn salvados en Primaria (un por centro para este caderno colectivo) Nos vindeiros días publicaremos o caderno de tódolos salvados no Milladoiro.
Pero agora, disfrutade destes.
Agora publico os salvados en Infantil :-)
E agora...¿que libro salvarías ti?
Ningún comentario:
Publicar un comentario