O Informe PISA é unha idea da OCDE (Organización Europea para o Desenvolvemento Económico e a Cooperación entre os paises) Non esquecer.
Veñen de facerse públicos os resultados correspondentes á medición que se fixo a estudantes de 15 anos no ano 2009.
Estes son os resultados en gráfico.
As nosas conclusións:
Nas tres áreas de coñcemento medidas, Galicia sitúase por encima da media española (6 puntos na competencia matemática e 18 nas Ciencias)
No asunto que consideramos central: A COMPRENSION LECTORA, sobrepasamos en cinco puntos a media española e subimos sete respecto da medición do 2006.
Analicemos agora as diferencias entre nós e os paises que nos superan en puntuación:
- Os datos da inversión en educación por paises din que en España está por debaixo da media.
- Os paises que milloran máis os seus resultados centran os seus cambios en COMO SE ENSINA (procesos) e non tanto na estructura do sistema ou nos recursos (informe McKinsey 2010)
- Nos paises con millores resultados o FRACASO ESCOLAR non é significativo.
E se en tres anos milloraron dise xeito claro os resultados na competencia lectora, recoñezamos o papel que nesto terán xogado as nosas BIbliotecas Escolares. Despois de tantos premios, recoñecementos... ó noso traballo diario, o premio que de verdade esperamos é algo parecido a esto: a verdadeira influencia no proceso educativo do alumnado co que traballamos e para o que traballamos. Milloraremos. Pero non todo depende de nós.
Hai alguén aí?
Ningún comentario:
Publicar un comentario