Animar a ler, ensinar a ler, enganchar a ler... nisto consiste a misión fundamental da escola: facer lectores competentes, críticos, eficaces... Conseguir que, durante o resto da vida dos nosos escolares, a lectura ocupe un lugar principal como instrumento para aprender, como ferramenta para informarse, como actividade de lecer... ¡Son tantas as utilidades da LECTURA!
Hoxe, que o mundo adica especialmente este día ó libro , a nosa aportación é este caderno no que convidamos a personaxes públicas coñecidas por unha actividade profesional allea ó mundo dos libros (allea?, dixen allea?, hai algunha actividade allea á lectura?...) a explicarnos porque len e cal é a súa lectura favorita.
Agradecemos a cantos participaron enviando as súas respostas, e tamén a aqueles/as que tiñan intención de facelo pero... a colaboración prestada. Comprenderon que este noso esforzo é un labor de todos e todas.
Iste foi o resultado.
Feliz Día do Libro!
Feliz vida con libros!
9 comentarios:
Hola nos somos Miguel e Diego esto de preguntarlle os famosos pa que len esta moi ven
Parabens
realmente parecenos incrible o amor e traballo que ten este libro electronico.
NORABOA!!!
De Fani e Irene.
Creadelo, ou non: veño de emocionarme con ese comentario de Fani e Irene. Quero que saibades que teñen 11 anos. E, dese aspecto do tema do que falan aquí non se dixo nada.
O dito: estou emocionada.
gustounos moito este caderno erlectronico,pasamolo moi ben lendoo,non sabiamoso que lia esta xente pero é moi interesante o que len e as suas recomendacións.
A nos gustounos este dia porque poidemos leer este caderno tan fermoso e conocer novos famosos e ao alcalde de malpica.Foi unha boa idea de facer este caderno felicidades
Hola,nos somos Christian,Eva e Julián.A nos gustounos moito o libro electrónico e tamén os textos dos famosos.
Felicidades a todos
Sen dúbida lles quedou algo a moitísimos rapaces! E que un proxecto cociñado con creatividade, esforzo , e cariño, chega sen dúbida aos de corazón máis doce, que son os rapaces. Grazas Olga por compartir esta actividade con todas as bibliotecas de Galiza. Grazas por todo o curre!! bicos de Adelaida
Xa se queda pequena a palabra "grazas"; "obrigados" recolle mellor a esencia do que sentimos.
Un abrazo
Maria
Xa sabes Olga que recollemos o libro para que navegue cara o sur. Gústanos moito que esté tamén entre nós. Grazas por compartilo, pola xenerosidade, por tan bo facer.
Publicar un comentario