7.3.10

Era isto?



Era isto?

Organizar un campionato de tute feminino no seu bar, pareceulle a Maite unha excelente idea. Sería os venres pola noitiña e daría pé ás mulleres para deixar a atrás por un par de horas as obrigas domésticas. Tamén a compartir con outra un ratiño de ocio e competición.
A Maite, mesmo lle parecía unha idea rompedora: ate hoxe, tódolos campionatos que organizara, foran masculinos.
Puxo mans á obra e, entre as risa dos clientes que tomaban o vaso a meiodía, colocou os carteis da convocatoria.
As mulleres comezaron a anotarse contra todo pronóstico, segundo algúns.
-Victoria!- pensou Maite.
Onte celebrouse a segunda xornada. Seis parellas, dúas en cada mesa, comezaron a xogar.
Nunha das mesas hai cinco mulleres. Patricia tivo que levar a canda ela a Sara de ano e medio: non tiña con quen deixala.
A partida interrompeuse varias veces: cambiar o pañal, darlle auga, limpar os mocos, abrir a bolsa dos gusanitos... Ningunha das presentes dixo nada. Todas comprendían.
Patricia explicou que o pai de Sara estaba ocupado: tiña a pachanga de futbol-sala e logo ía cear cos amigos. Coma tódolos venres.
Maite agora non sabe que pensar.
(O cartel é, coma decote de Bibliocabe)

4 comentarios:

Loly dijo...

Benquerida Leo... como me recorda esta historia algunha ben semellante.
Adiante todas as Maites que están a organizar "campionatos de tute" e todas as Patricias que, contra todo pronóstico, estanse a apuntar. Por todas elas, por tod@s nós, POR UN MUNDO MELLOR!!

Leo dijo...

O que anima a seguir neste camiño de educación na igualdade é precisamente iso que acabas de facer ti: CONTEMPLAR o LADO POSITIVO do suceso.
Asegúroche que é rigorosamente REAL

Unitaria de Vide dijo...

Pois si, eu penso que era iso, apuntarse con fillo ou sen fillo, compartindo ou sen compartir, sóa ou acompañada,pero apuntarse.
En Vide cando nos movemos somos unha cantas mulleres e infinitos carritos de bebés,bolsas da merenda irmáns pequenos, medianos, maiores....Pero como dicia o vello Galileo:
Ainda que non che guste SE MOVE!!!!

olga dijo...

Tal vez sexa un paso obrigado. Pero eu aspiro a que Patricia xogue a súa partida sen máis ocupacións que cantar as corenta e o pai de Sara entenda que non pode ir á pachanga habitual...¡porque é pai!
Tal vez, algún día...