21.3.10

A cociña na Historia de Galicia

(Fotografía de Maribel Ruíz de Erenchun na que se ve a Esperanza léndolle ó seu neto na lareira da reitoral de San Miguel de Sarandón en Vedra)

Hoxe clausurouse en Compostela a exposición Ao pé do lar que se tiña inaugurado o pasado 5 de Febreiro no Museo do Pobo Galego.
Tiñamos interés en vela polo que ten de novidoso levar a cabo unha recompilación documental sobre a memoria da cociña. En tódolos sentidos: como esapzo físico e como alimentos e xeitos de preparación.
Era un traballo pendente e necesario.
Como asunto máis novidoso están os espectáculos que se organizaron ó seu calor e que a completaban, e tamén a colaboración de restaurantes e casas de comidas de Compostela nos que se poideron degustar os pratos con memoria
Novidosa, asemade, a posibilidade de que os visitantes grabaramos en video unha experiencia persoal vinculada á cociña.

Despois de levantar tanta expectación, hai que dicir que a exposición en sí mesma redúcese a unha colección de testos e imaxes polo que resulta completamente plana. Nada en tres dimensións, nada para tocar, para ver, para manipular...Ningunha pantalla interactica para compor un menú do s.II ou do s. XVIII... ¡nada!

Neste senso pareceume unha exposición fallida.
O valor que penso ten é que toda esa información xa reunida... será un bo punto de partida para un segundo (e definitivo?) intento.
Un panel que podía sernos de utilidade: a dieta dos milenios, pormenoriza época a época os alimentos máis consumidos, as novas incorporacións... pero, desafortunadamente, non aparece na web.

Ningún comentario: