16.2.10

2010: O entroido das civilizacions

https://plus.google.com/photos/116444161631097709496/albums/5438796216115498225/5438799427706272738?banner=pwa&hl=es&pid=5438799427706272738&oid=116444161631097709496
Eiquí tendes a reportaxe fotográfica do que foi este ano o noso desfile de Entroido.
Como sabedes, este curso e, enlazado co Proxecto interdisciplinar sobre a Vivenda que estamos a levar a diante, disfrazamonos de distintas civilizacións: Castrexos (E.I.), Árabes (1º), Viquingos (2º), Exipcios (3º), Prehixtóricos (4º), Medievais (5º) e Romanos (6º) percorreron as aulas e a vila.
Cada curso, centrado no estudo da civilización escollida aprendeu moitísimas cousas sobre ela e logo...¡vestímonos coma eles!
Os corredores estaban fermosos engalanados con construccións alusivas a cada cultura e as familias colaboraron axudando cos traxes e surtíndonos de sobremesas tradicionais.
Percorremos a vila enchéndoa de color e de sorrisos e, por último, bailamos e comimos.
Foi, coma decote, unha fermosísima celebración.
¡Ah!... e queimamos o Farruco que levou a canda el as penas do ano pasado augurando un novo aninovo.
¡Que sexa feliz!

3 comentarios:

Mª delCarmen Vázquez dixo...

¡¡Que labreguiñ@s sodes os profes de Malpica!!
A reportaxe está ben, pero moi ben.
Grazas porque me fixo pasar un rato moi agradable e o mesmo tempo deume un pouco de morriña.
Biquiños
Mari Carmen

Leo dixo...

Aquí seguimos: nenos e nenas, profes, eu...¡e o MAR!

O Segrel do Penedo dixo...

Extraordinario desplegue de medios e de bo facer, como sempre.
E ademais tedes tod@s cara de telo pasado moi ben.
Parabéns!!