11.2.10

Hábitos de lectura

Onte recibimos a noticia da publicaciín do Informe sobre hábitos de Lectura en España no 2009 a través da FGSR.
Hoxe dispoñemos dun estudo en detalle da man da Asesoría de Bibliotexas Escolares de Galicia que cómpre ler con atención.
Reporducimos textualmente algunhas das conclusións:
-Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
-Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
-O 55% da poboación maior de 14 anos declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
-Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
-O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
-O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
-Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
-En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
-A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.

Como mediadores, familias e profesorado debemos celebrar os logros obtidos desde 2008 (ano no que se comezou a facer a recollida exhaustiva de datos) e pór o obxectivo neses nenos e nenas ós que aínda non conseguimos facer lectores frecuentes.

2 comentarios:

Ronsel dixo...

Chama a atención, penosamente, ese 0,5% en galego...

olga dixo...

Eu fíxome máis no dato positivo dos nenos e nenas lectores en idade escolar.
E, polo negativo, nos títulos máis lidos: os que mandan as purititas leis do mercado ¡Upps!