Vouvos deixar información por se vos queredes achegar por aquí:
- A páxina da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que durante todo o ano tennos ó día de canto sucede no mundo dos barcos tradicionais.
- A de Mar de Muros
- La Voz de de Galicia de hoxe, que titula: Muros réndese ante o poderío da cultura mariñeira
Xa o dixen nalgunha ocasión:
quen esquece as súas raíces nunca poderá medrar dereito.
E así o creo.
As raíces da Galicia costeria son mariñeiras, están no mar. O mar que dá de comer, o mar do traballo, o mar que organiza a vida en torno a el. Arredor do mar hai toda unha cultura de labores, de comidas de construcción naval.... mesmo de cancións, de cultos, de ritos... Moitas comunidades e persoas gardan ese saber sen ser conscientes de que están a facer algo valioso: gárdano porque é seu. E outos gárdano, practícano e consérvano na consciencia dos riscos que corre.
Hoxe máis que nunca, a globalización pode pór en risco a conservación destes modos de entender a vida. Pero a globalización, ben entendida, tamén pode valer para o contrario.
Aquí hai portugueses, vascos, franceses, cataláns, andaluces, murcianos e xentes de toda Galicia: de Ferrol a Bueu, pasando por Chantada.... cada quen cos seus barcos e as súas tradicións. Compartindo, mostrando, aprendendo, ¡medrando!
Xa vos deixarei algunhas fotos destes Encontros. De momento: todo ben.
3 comentarios:
Querida Olga: somos as únicas traballadoras de verán! Que conste en acta, que todo se sabe!!!
Bicos, bicos, bicos.
Olga se estás en Muros, dalle a esa vila tan fermosa, uns saudos virtuais da miña parte. Ahí pasei eu 6 anos da miña vida.
Que pases unhas boas e mariñeiras vacacións.
Mari Carmen
Fermoso Muros.E fermosas xentes entregadas ó traballo e á posta en valor dos seus sinais de identidade. Prometo reportaxe.
Publicar un comentario