12.3.09

Descubrindo os BITS



Vale, descubríndoos eu, porque estou segura de que moitos/as de vos xa os coñeciades.
Un BIT é unha unidade de información.
As caixas de bits son coleccions de conxuntos de imaxes agrupadas por temas de 10 en 10.
A súa orixe atribúese a Glen Doman, fisioterapeuta norteamericano fundador do Instituto para o Desenvolvemento do Potencial Humano en Filadelfia, hai 40 anos.
A finalidade é estimular a intelixencia en idades temperás, concretamente na E.I., anque tamén provocan efectos positivos en idades máis avanzadas.
Total: unhas caixas con fotografías... das que esperamos moito.
Parece ser que os nenos e nenas recíbenos con atención e viven a actividade moi positivamente.
Deixovos un enlace para saber algo maís. E outro máis.
Nos mercamos os de EDEBÉ.

3 comentarios:

Montse dixo...

Grazas Olga, descoñecía este material e parece moi interesante. Pasarei a información á xente da escola.

Dora dixo...

Os BITS son un recurso educativo que as mestras de infantil levan anos utilizando polo valor intrínseco das boas imaxes "reais" dos obxectos que representan.

olga dixo...

Seino, seino. Seino agora que coñecín as caixas de EDEBE. E mercámolas inmediatamente porque era evidente o seu valor para as aulas.
Teño o respeto máis profundo polas profes de infantil que, en moitas prácticas educativas son pioneiras.Sen ir máis lonxe: no traballo por proxectos; ou no concepto dos recunchos...
O caso é que xa dispoñemos, ademáis dos que elas tiñan (¡que tiñan!), de todos estes.