"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
28.2.09
Para saber máis... sobre vacas
Nos últimos días coñecimos dúas noticias que aumentan o noso coñecemento sobre o mundo das vacas. A saber:
Un equipo de científicos da universidade de Leicester (Ingleterra), concretamente os profesores Adrian North e Liam MacKenzie, veñen de demostrar que as vacas que escoitan música aumentan considerablemente a súa producción anual de leite (0,73 litros/día).
Non calquera música: prefiren Mozart e Ponte sobre augas turbulentas (Simon &Garfunkel). A explicación científica é que escoitar música:
* Ralentiza e uniformiza as ondas cerebrais.
* Mingua a tensión muscular, millora o movemento e a coordinación do corpo.
* Aumenta os niveis de endorfinas (sustancia química con capacidade anestésica e productora de sensacións de benestar).
* Estimula a actividad inmunolóxica.
Outras cancións que tamén aumentan a producción son:
"Everybody Hurts", de REM; "What a difference a day makes", de Aretha Franklin; "Bridge Over Troubled Water", de Simon & Garfunkel; "Moon River", de Danny Williams; "Perfect Day", de Lou Reed; y la “Sinfonía Pastoral” de Beethoven .
¡Aí queda eso!
Pero a cousa non quedou aí. Non.
Temén soubemos, grazas a un estudo da Universidade de Newcastle, que as vacas que teñen nome propio, e son tratadas por el diariamente, aumentan a súa producción anual en 258 litros/ano. A doutora Catherine Douglas e o seu colega Peter Rowlinson aportan no seu estudo probas de como un trato máis humanizado millora considerablemente a productividade, o comportamento e o benestar dos animais.
Esto do nome das vacas é algo que en Galicia sabe calquera labrego: non hai no País unha soa vaca sen nome. Pero agora temos unha explicación avalada por datos.
Tal vez esta sexa a razón de por que somos unha potencia leiteira.
Etiquetas:
ciencia,
universidade,
vacas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
É de uso popular eso de que a música amansa as feras e por suposto que si nos tratan ben, con consideración, nos chaman polo noso nome e nos dedican atención.... todos funcionamos mellor. ¿Non sería bo decirlles ós da consellería, respecto das biblitecas escolares, que nos tratasen como "vacas",dándonos horas e consideración...? Está claro que funcionarimos aínda mellor (bueno no caso de algunhas, coma vós, é difícil superarse)
Queda claro que, o das vacas, é unha metáfora :-)
Por suposto que é unha metáfora, as persoas somos moito peores que as vacas :-)
Publicar un comentario