"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
30.3.08
Stand and Deliver
Todos temos certas crenzas sobre a nosa intelixencia e o coñecemento que inflúen poderosamente sobre a nosa conduta fora e dentro da aula. As crenzas dos nosos alumnos están influíndo na súa satisfacción e esforzo na aula así como na súa capacidade de razoamento e reflexión. Os mestres debemos axudarlles a tomar conciencia destas crenzas como primeiro paso para un posible cambio.
Adóitase cometer o erro de considerar que só os alumnos máis competentes dispón dun conxunto de crenzas máis complexo ou adaptativo pero as investigacións demostran que estas están máis relacionadas con factores procedentes do fogar e da escola.
Colaboraremos en gran medida a que os nosos alumnos alcancen un bo rendemento académico se lles axudamos a crear un sistema de crenzas que lles anime a empregar as habilidades e estratexias que posúen e desenvolver outras novas, que saiban enfrontarse aos retos e buscar diferentes solucións aos problemas, que atribúan o éxito ao seu esforzo e respondan positivamente ao fracaso, en definitiva, que saiban autorregularse.
Anímovos a ver a película CON GANAS DE TRIUNFAR ou STAND AND DELIVER (1988),dirixida por Ramón Menéndez. Esta historia real, maxistralmente planteada, supón unha mostra do que se pode conseguir crendo realmente no potencial dos nosos alumnos e na importancia de que eles tamén "crean".
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario