26.1.08

Pola PAZ (IV)



No cuarto traballo colaborativo das bibliotecas escolares galegas, desde Malpica ofrecemos un poema de Celso Emilio que ilustra con voz vella sentimentos novos, frescos, eternos. Poema de fraternidade, de irmandade, de superación de diferencias.
Se os nosos soños son iguais... somos irmáns.


Camiñan o meu rente moitos homes.
Nonos coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos sonos son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.


Celso Emilio Ferreiro

Ningún comentario: