18.10.24

ELAS ESCRIBEN... TEATRO EN GALEGO!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos o mural que preside o corredor do 1º andar para desenvolver a Formación de Usuari@s e conmemorar o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas.

Un mural adicado ás escritoras de teatro en galego, en relación coa temática elexida pola Asesoría BEGA para o presente curso: "Biblioteca escolar, a escena!".

Os grupos-aula deben ir superando os biblio-retos que se recollen no caderno-informe que facilitamos e buscar na exposición central o exemplar correspondente a cada escritora, tendo en conta a sinatura que a acompaña, para colocar a cuberta do libro no sitio correspondente ata completar o mural.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un tempo para pór en valor ás escritoras de teatro en galego e ser competentes no uso da nosa biblio.




Ningún comentario: