30.1.21

Semana da Paz e Lab. Documental

Dende o venres 29 de xaneiro ata o xoves 4 de febreiro conmemoramos a Semana da Paz a través de contos valorados, lecturas compartidas.

As lecturas compartidas son un dos produtos finais do Laboratorio Documental implementado ao longo deste mes de xaneiro e que nos levou a crear/actualizar recursos dixitais coma:

Picando nos enlaces da seguinte listaxe poderedes acceder aos diferentes vídeos, enlaces que se irán activando segundo as aulas vaian publicando as súas lecturas no blog de ciclo ao longo desta Semana da Paz:

Parabéns a todas/os polos vosos agasallos en forma de ricas lecturas de vida: convivencia, diversidade, amor, amizade, igualdade, respecto, paz; que enriquecen o noso mundo interior e exterior.

29.1.21

Exposición "Leo le...PAZ!"

A exposición Leo le...PAZ! vai conformándose, entre outros, cos exemplares tratados a través do Laboratorio Documental.

Cada grupo-clase coloca nun lugar da exposición o libro recuperado da Biblioteca xunto cun marcapáxinas-pomba que contén: valor/es e código QR que enlaza á lectura compartida publicitada no blog de cada ciclo.

Picando na imaxe podedes acceder ao álbum de imaxes da exposición que nos acompañará este 2º trimestre para seguir medrando entre libros.

Grazas a todas/os pola vosa extraordinaria colaboración!



Guía de Usuari@s

Rematando o Laboratorio Documental, deste mes de xaneiro, imos repartir a Guía de Usuari@s actualizada onde se recolle a información básica da nosa Biblioteca para saber, facer...

Picando na imaxe accederedes a ela e tamén dispoñible na columna dereita deste blog.

A seguir formándonos no noso colexio, na nosa BE-LeoLab!

20.1.21

BE-LeoLab: Formación de Usuari@s


Iniciando o 2º trimestre co Laboratorio Documental xurdiu a necesidade de ofertar un recurso interactivo para a Formación de Usuari@s e para asentar o concepto BE-LeoLab Milladoiro, evolución paulatina que tivo un gran pulo ao acollernos ao plan centros LIA.2 e que posibilitou a extensión da Biblioteca en diferentes espazos creativos por todo o colexio. 

Reforzamos, pois, a Formación de Usuari@s iniciada no 1º trimestre con este panel interactivo da nosa Biblioteca que recolle funcionalidades, entre outras, coma: 

  • Exploración da organización espacial (etiquetas en cada letreiro alfabetizado ou numérico)
  • A nosa CDU con iconas inclusivas para facilitar a localización e recuperación de exemplares (páxinas interactivas con diferentes iconas)
  • Punto de autoempréstito (ventá con información básica)
  • Premendo na serea Leo repaso dos diferentes espazos creativos que acollen os fondos catalogados coa icona da CDU correspondente.

Este recurso foi elaborado polo equipo Tecnolóxico e o equipo de BE-DL baixo a coordinación da Xefatura de estudos.

Unindo bo facer, esforzos e saber nacen xoias coma esta para o noso alumnado, para a nosa comunidade educativa.

15.1.21

Cociñando con-Ciencia

Iniciamos nova travesía, 2º trimestre, coa proposta de actividades que enlazan as diferentes conmemoracións cos laboratorios de aprendizaxe LeoLab.
Seguindo o noso PDI anual Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade, este trimestre imos navegar Cociñando con-Ciencia: experiencias literarias, pacíficas, radiofónicas,  físicas, químicas, culinarias...experiencias de vida!
Vento nas velas e a seguir vogando xuntos/as, contra vento e marea, nun mar de aprendizaxes.

A por un trimestre cociñando
a por un trimestre con-Ciencia!