"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
21.6.19
20.6.19
MAReARTE
Obras de arte feitas polo alumnado a partires de crevas.
Fin de Proxecto.
18.6.19
Xornada sobre rodas 18/19
Hoxe tocou Xornada sobre rodas, dirixida por Fran, o profe de Educación Física auxiliado polo alumnado de 6º.
Coñecendo o código da circulación e pasándoo xenial!
Coñecendo o código da circulación e pasándoo xenial!
Etiquetas:
fin de curso,
xornada sobre rodas
Taller Stop Motion
Nesta II Feira da Ciencia e Tecnoloxía levamos a cabo un taller de Stop Motion. Este é un resultado do traballo realizado no que procuramos que participase todos os escolares.
17.6.19
II Día da Ciencia e a Tecnoloxía
Deixámosvos unhas imaxes do II Día da Ciencia e a Tecnoloxía que celebramos hoxe cun éxito rotundo.
12.6.19
In memoriam: Charo Sánchez-Gabriel
Querida compañeira, querida amiga.
Vimos de saber do teu pasamento e non podemos menos que dedicar uns intres na túa lembranza.
Hai tempo que faltas na familia PLAMBE que ti contribuiches a fundar. E xa daquela faltounos o teu humor fino, a túa intelixencia aguda, a túa ironía elegante, a túa mirada diversa, a túa man comprensiva, o teu gusto pola exploración en calquera territorio, o teu espíritu de pioneira, e o teu amor pola Lingua que abrazaches como propia e defendiches con máis forza que moitos dos seus fillos.
A túa forma de estar no mundo, sempre curiosa e sensible, sempre atendendo a todo con esa atención aparentemente distraída foi un exemplo para quenes tivemos a honra de tratarte.
Xa daquela, cando a enfermidade se cruzou no teu camiño deixáchesnos, no universo da Bibliotecas escolares de Galicia, un valeiro irreemplazable.
Pero o de hoxe é difinitivo: non só nos faltas a nós, fáltaslle ao mundo. Co que precisamos neste momento xente coma ti!
As Bibliotecas Escolares de Galicia, chórante.
Os que te coñecimos, despedímoste con amor e cun sorriso ao tempo que enviamos un abrazo cariñoso á túa familia.
Os que non tivéchedes a honra de coñecela, podedes achegarvos á súa maneira de entender o mundo paseando polo blogue que creou: Mesturas
Ata sempre, Charo!
Pilar Sampedro, Carmen Suárez, Isabel Vázquez, Beni Nerga, Emilio Roca, Olga Rodríguez e a familia PLAMBE.
A imaxe procede de AQUÍ

charo sanche-gabriel,
obituario
11.6.19
Making off do video
Con motivo da nosa inclusión no PLAN LIA-2, a Consellería de Educación rodou no noso centro un video que recolle toda a nova dotación da que xa dispoñemos a partir do presente curso.
O día acordado foi onte. E nós aproveitamos para recoller algunhas imaxes de como se fixo.
Ofrecémosvolas coma unha primicia mentres agardamos polo video oficial.
Aproveitamos para agardecer a colaboración de toda a comunidade educativa cuxo inestimable traballo permitiu canto vedes.

biblioteca creativa,
leolab,
plan LIA 2,
video
10.6.19
Chúpate! Lecturas de verán 2019
Chúparse é ao verbo que usan os malpicáns cando falan de tirarse aomar.
Pois esa é a nosa proposta: libros para chuparse neles!
Que teádes unha boas vacacións e unha mellores lecturas!
Etiquetas:
animacion á lectura,
guia,
verán
Clausura e Máis Leonas
Puxemos fin, coma decote, entregando os Premios ás máis leonas que este curso recaeron en Saray García Rojo (de 6º de Primaria) e Andrea Vila Amado (de 4º de primaria)
Despedimos tamén aos nosos colaboradores que tiveron moito traballo e nós apreoveitamos para agardecerlles o traballo e desexarlles moitos éxitos nos novos coles aos que van.
Etiquetas:
clausura
7.6.19
6.6.19
Mesa interactiva 1º
Etiquetas:
1º,
2018-19,
biblioteca creativa,
leolab
Ledicia Costas en Radio Balea
Cando Ledicia nos visitou en abril, os nenos e nenas de 5º fixéronlle unha entrevista en radio Balea.
Velaí!
Etiquetas:
biblioteca creativa,
entrevista,
ledicia costas,
radio
5.6.19
4.6.19
Un mar de baleatos (green screan)
Coñecemos a Jaques Cousteau e aproveitando as nosas cabezas de baleatos do entroido puxemos en práctica a técnica croma ou green screen.
Compartimos con todos vós as nosas horas de diversión e aprendizaxe: NON ENSUCIES OS MARES...COIDA O MEDIO AMBIENTE!
Etiquetas:
biblioteca creativa
3.6.19
Un mar de crebas: Leo (1º EP)
Imaxinación e creatividade ao poder entre crebas! Creamos á mascota da nosa biblioteca: a serea Leo.
Leo cun libro e un xeado.

Leo cun libro e un xeado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)