31.1.14

Tellado

As imaxes mostran a evolución do accidente e obras de reparación na cuberta do cole. Seguiremos informando.

PAZ 2014


PAZ 2014Paz 2014 from bemilladoiro on Vimeo.

As imaxes resumen a que foi a nosa semana da PAZ: libroforum nas aulas na Hora de Ler, proxección do audiovisual Marce, o carteiro e explosión final no patio coa Latucada pola PAZ.

Esperamos ter sementado ideas e sentimentos que agromen nos nosos escolares para eles e elas tamén contribúan a facer un mundo sen medo.
Que, ao final eso é vivir en paz.

29.1.14

Temporal e tellado

Así foi como quedou o telldo co temporal de onte. Como vedes, un panel enteiro da claraboia saeu voando LITERALMENTE. Coa boa fortuna que o vento levouno en dirección contraria ao patio do cole polo que, nese mesmiño momento, saían os rapaces porque era a hora de ir comer. Afortunadamente non tivemos que lamentar máis nada que a suspensión das clases na tarde de onte. Pero hoxe xa estamos aquí. E o asunto esperamos que quede arranxado no que queda de semana.

26.1.14

Medicamentos para a PAZ

Antisolito, Axudrol, Paciención, Felidol, Desenfadín.... son nomes de medicamentos que nósmesmos podemos fabricar. Atoparás todo sobre eles nese caderno que nós mesmo fixemos o curso pasado. Lembras?

Semana da PAZ

Chega, un ano máis, a SEMANA DA PAZ. Esa será a canción que cantaremos xuntos o vindeiro xoves día 30 no que as nosaas voces uniránse ás de millóns de escolares que en todo o mundo celebran este día de reivindicación dun mundo sen conflictos.
 O programa de lecturas compartidas xa está hai días a disposición do profesorado e agora enlazámolo aquí para que todos o teñamos a man.
 Se tódolos días do ano nos esforzamos en manter unha convivencia agradable e sen tensións, esta semana poñeremos aínda máis atención e interés nelo. A que sí?

23.1.14

Nelson Mandela

Para achegarnos a figura de Nelson Mandela, desde Pontedeume. Despois de velo, podedes responder este cuestionario que nos chega desde o mesmo cole.

PAZ

Desde o CEIP de Ponzos (Ferrol) chéganos esta presentación que nos serve para explicar e entender millor o concepto de PAZ e achegarnos a algunhas persoas mundialmente coñecidas por ter adicado a súa vida a facer un mundo mellor.

16.1.14

Marce, o carteiro


Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.

Comezamos coas actividades do Día da Paz. Este audiovisual xa é un clásico no noso cole pero este ano perfecionámolo! Coa colaboración de catro alumnos de 6º do curso pasado gravamos as voces, puxémoslle os efectos de son necesarios e convertémolo neste conto tan chulo. 
Coma sempre, para sempre... 

CHOCOLATEEEEEEEEE!!!!