24.4.13

Sinalizamos e colocamos: unha biblioteca renovada

Este curso, como xa sabedes, puxémnonos a facer obras na biblio (outra vez!). Desta volta propuxémonos reorganiozar os fondos de literatura(nunca tiveramos o tempo de situalos alfabétivamente e valiamonos de telos por editoriais e coleccións que, sen ser moi ortodoxo, era útil) e reorganizar os grupos que tiñamos para libros de información.
Era necesario, pois, refacer a sinalización.
O caso é que un numeroso grupo de profes puxéronse máns á obra e esto que estades a ver é parte do traballo que desenvolveron:
  • Un decálogo de uso dos ordenadores
  • Un directorio coa CDU
  • reorganización  dos fondos informativos
  • colocación de toda a literatura por orde alfabética
  • creación dunha  sección que creamos o curso pasado (contos clásicos)
  • reubicación dunha que xa tiñamos (Comiteca)
  • deseño dos alfabetos
  • colocación de  novos andeis...
... o caso é que estamos a piques de rematar.

E xa podemos mostrala. Gústavos?

23.4.13

Lectores padriños

Así foi como celebramos hoxe o Día do Libro. As imaxes falan por si solas, non hai máis que observar as caras. Felices lecturas!

Día Mundial do Libro

 Só un libro.
 Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro. Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
 É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse. Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
 Non.
Que vai reaccionar!
 Espera.
O libro espera.
 Non se decata de que son máis forte ca el.
 Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
 Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
 Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia! Non está nada mal. Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
 Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento. Era xusto o que eu quería.
 Un libro.
Este libro.
 Paula Carballeira

Texto escrito para as Bibliotecas Escolares de Galicia con motivo do Día Mundial do Libro 2013

10.4.13

Escoitar e aprender

A través do Segrel do Penedo, traemos a esta páxina unha selección das conversas de Sampedro con Olga Lucas. O pensador-escritor-filósofo... morreu pero quedan para nós as súas ideas que tan claramente era capaz de formular: Deixamos, asemade, a ligazón á súa páxina persoal.

Que ustedes lo pasen bien!


Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.
Un economista que sempre tivo presente que o mercado debería estar ao servizo da colectividade.
Un mestre que explicaba con palabras sinxelas termos ben complexos.
Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito van ter que ler os clubs e moito botarán de menos esa referencia viva.
Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.
Un pensador que sempre nos fará falla.
Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse.
Autor de grandes novelas:
Autor de libros de economía
Economía humanista. Algo más que cifras.
Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos!
 
Preguntado nun programa de radio sobre cal lle gustaría que fora o seu epitafio, Sampedro respondeu: Que ustedes lo pasen bien!
Pois, que así sexa.

1.4.13

Outros tempos, o mesmo traballo

Estas fotos teñen... seis? sete anos? Pois aínda as temos máis antigas.
Así que preparádevos que de cando en vez habemos de ir quitandolle o pó a algunhas.
Vexamos a canta xente coñecedes delas!
Anos pasados pero a actividade na biblioteca e as técnicas do traballo documenta.... como se fora agora mesmiño!