14.12.23

Premio do Concello: Nadal 2023

 

No día de hoxe, recibimos na biblio ao Sr. Alcalde do Concello de Malpica acompañado da Concelleira Delegada de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes e do Técnico de Cultura para facer entrega do premio do Concurso de Debuxo de Nadal, que este ano recaeu en...

Alexis Ramos Añón

Un lote de libros foi o premio que recibiu, ademais da calor en forma de aplausos de tod@s. O seu debuxo será imaxe este Nadal nas redes sociais do Concello. 

Parabéns Alexis, emocionad@s asistimos a túa curiosidade por saber que se agochaba na bolsa, á entrega do agasallo que xa forma parte da túa biblioteca persoal en forma de libros con pictogramas.

Ningún comentario: