20.1.21

BE-LeoLab: Formación de Usuari@s


Iniciando o 2º trimestre co Laboratorio Documental xurdiu a necesidade de ofertar un recurso interactivo para a Formación de Usuari@s e para asentar o concepto BE-LeoLab Milladoiro, evolución paulatina que tivo un gran pulo ao acollernos ao plan centros LIA.2 e que posibilitou a extensión da Biblioteca en diferentes espazos creativos por todo o colexio. 

Reforzamos, pois, a Formación de Usuari@s iniciada no 1º trimestre con este panel interactivo da nosa Biblioteca que recolle funcionalidades, entre outras, coma: 

  • Exploración da organización espacial (etiquetas en cada letreiro alfabetizado ou numérico)
  • A nosa CDU con iconas inclusivas para facilitar a localización e recuperación de exemplares (páxinas interactivas con diferentes iconas)
  • Punto de autoempréstito (ventá con información básica)
  • Premendo na serea Leo repaso dos diferentes espazos creativos que acollen os fondos catalogados coa icona da CDU correspondente.

Este recurso foi elaborado polo equipo Tecnolóxico e o equipo de BE-DL baixo a coordinación da Xefatura de estudos.

Unindo bo facer, esforzos e saber nacen xoias coma esta para o noso alumnado, para a nosa comunidade educativa.

Ningún comentario: